A Biblioteca do Real Consulado foi a primeira Biblioteca Pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do “Real Consulado de Mar e Terra” co beneplácito do Rey Carlos IV, en 1803 e aberta ao público en 1806.

A nosa fundación é a fundación cultural privada máis antiga de España, inscrita o 31 de xaneiro de 1807 no Protectorado de Fundacións Culturais.

Declarada pola Xunta de especial interese para Galicia.

É unha biblioteca principalmente de fondo antigo, con fondos bibliográficos, documentais e cartográficos, desde o século XV. A maior riqueza de libros corresponde aos séculos XVIII e primeiro cuarto do XIX. Considerada como un centro de consulta imprescindible para os investigadores da realidade histórica coruñesa, galega e universal nas súas diversas manifestacións. Colabora con todo tipo de institucións culturais de calquera parte do mundo que o solicite.



Praza Pintor Álvarez Sotomayor nº 1

(antes Panaderas 58)

15001 A CORUÑA

981 206274

bibliocasaconsulado@gmail.com


HORARIO INVERNO

(outubro a xuño)

Martes a Venres de 9.00 a 14.00h.

Sábados de 10.00 a 14.00h.

Martes e Xoves de 16.30 a 19.30h.

HORARIO VERÁN

(de 15 de xuño a setembro)

Luns a Venres de 9.30 a 13.30h.