Axenda e novas

Obradoiro de planisferios na Biblioteca

Da man da Agrupación Astronómica Coruñesa IO montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. 

O obradoiro é gratuíto mais require inscrición previa. As prazas son limitadas. Actividade aberta a persoas maiores de 10 anos.


Día: Venres 30 de decembro

Hora: 11:00

Duración aproximada: 1 hora


Para realizala súa inscripción, pueden hacer uso del siguiente formulario en línea:



Ou se o prefiren anotarse a través do  noso correo electrónico

bibliocasaconsulado@gmail.com ou o noso teléfono 981206274.

"Próximo ciclo de conferencias"

Novembro 2022 (xoves 3, 10, 17 e 22)

"Expedicións e viaxes marítimas II" (Séculos XVI-XVII)"

Tras protagonizar a primeira volta ao mundo, Elcano regresa ao mando da "Vitoria" cargado de cravo. Xérase con rapidez un entusiasmo polas novas perspectivas económicas e políticas e ábrese un mercado onde A Coruña xogaría un papel importante pola súa situación privilexiada. Créase a "Casa de Contratación da Especiería" e organízanse varias expedicións e armadas que parten da devandita cidade.

As conferencias serán impartidas por recoñecidos especialistas e versarán sobre os aspectos máis significativos destes sucesos e episodios singulares desas viaxes marítimas; particularmente o destino dunha das naves que desaparece na viaxe de Loaysa. Tamén se estuda a emigración galega desa época e por último, a transformación dos portos galegos ao ser lugares de partida das diferentes armadas e expedicións marítimas. 

Colaboran a Vicaría Episcopal Territorial da Coruña-Arzobispado de Santiago coa cesión da Igrexa das Capuchinas como sede das ponencias,  e   a  Deputación da Coruña.

"Programa e inscrición"

O si o prefiren, poden anotarse a través do noso correo electrónico

bibliocasaconsulado@gmail.com

o chamando ao noso teléfono 981206274

Visitas guiadas segundo xoves de cada mes

Comezando polo edificio  neoclásico do Consulado para profundizar no ambiente da Ilustración no que se funda a Biblioteca,adentrámonos nela onde se poderán contemplar obras como o legado de Juana de Vega, que doou os seus libros e mobles á Biblioteca, a primeira edición holandesa ilustrada do Quixote ou un manuscrito de Quevedo, datado o 20 de xullo de 1633 en Villanueva de los Infantes, que se consideraba perdido desde o século  XVII ata que apareceu na Biblioteca en 1991.


Se estás interesado nunha das nosas visitas guiadas, ponche en contacto connosco, no 981206274 ou por correo electrónico bibliocasaconsulado@gmail.com

Reportaxe sobre a Biblioteca na TVGA en el programa cultural ZigZag Fin de semana, emitido o 25 de abril de 2021.


En menos de catro minutos podes facer unha visita pola historia da primeira Biblioteca aberta ao público en Coruña e ver algúns dos fondos máis destacados que custodia, como a primeira edición ilustrada do Quixote, e coñecer coleccións de fondos que se foron incorporando ao longo da súa andaina, como a Biblioteca de Cornide ou o legado de Juana de Vega. 

"Nun curruncho da Biblioteca"  corto realizado por Andrés Fernández-Albalat Pérez.

Da man de dunha usuaria abraiada pola inauguración da primeira biblioteca na cidade, comezamos a  viaxe polos mundos que nos presenta a Biblioteca e por parte da súa historia.   O realizador e guionista cóntanos esta bela, artística exica historia, coa colaboración do actor Luis Iglesias-narración-, e de Daniela Pipiripela-música original, todo a través de ilustracións provenientes da BCC. O noso agradecemento a todo o equipo.

A Biblioteca segreda da Coruña

A Biblioteca do Real Consulado é un recuncho secreto mesmo para moitos coruñeses que pasan cada día fronte ao edificio  neoclásico que a alberga. E non é porque acabe de estrearse: fundada en 1803 e aberta ao público en 1806, é a Biblioteca máis lonxeva da cidade e a fundación pública en funcionamento máis antiga de cantas existen en España.

Edificio e biblioteca corren en paralelo pola historia. A antiga Casa do Consulado sitúase na praza dedicada ao pintor Sotomayor e a un paso da praza de España, o antigo Campo dá Leña. O Consulado de Terra e Mar coruñés creouno o rei Carlos III en 1785, ao abrir a varios portos españois ao comercio con América, ata entón restrinxido a Sevilla e Cádiz. A casa foi privada en orixe, pero moi pronto a ocupou unha institución que sería clave no desenvolvemento económico da cidade. Nela debatíase, decidíanse problemas portuarios, dábanse clases de comercio ou mesmo se rezaba, nunha capela hoxe desaparecida da que queda gardado o  misal orixinal. Era, por tanto un dos puntos  efervescentes da urbe liberal.

Nesa época inicial, a finais do  XVIII, o relixioso ilustrado Pedro Antonio Sánchez Bahamonde decidiu fundar unha biblioteca pública, cedendo para iso os seus libros e parte do seu patrimonio. 

A Biblioteca do Real Consulado: a fundación cultural máis antiga de España / por Amparo Hernández Segura publicado na revista La Coruña, Paraíso del Turismo (1998).

En Xunta de Goberno celebrada na Coruña o día 29 de abril de 1803, o Sr. Prior do Real Consulado D. Marcial Francisco de Adalid manifestou: “certa persoa que por  aora cala o seu nome, está determinada a deixar á súa morte os seus caudais para o establecemento dunha Biblioteca  Pública na cidade baixo a protección e  disposición deste Real Consulado. Con este fin xuntou un considerable número de Vales Reais, e ten disposto que despois da súa morte invístase a súa herdanza noutros máis, os  quales deben estar a gañar ata que haxa a cantidade suficiente ...)“.

A Biblioteca do Real Consulado / por Pedro Incio, publicado na Revista Murguía Revista Galega de Historia nº 35-36, xaneiro-decembro 2017

A Biblioteca do Real Consulado é a fundación privada máis antiga de España, e o que resulta máis sorprendente, continúa en activo desde a súa fundación en 1803. Se ben nun primeiro momento a súa meta foi ilustrar aos cidadáns,na actualidade cumpre unha función de investigación, pois co paso dos anos o seu fondo corrente pasou a ser un tesouro bibliográfico. Unha singularidade desta biblioteca é que, fronte ao resto das bibliotecas públicas da súa época, con coleccións froito do mecenado ou das diversas desamortizacións e por isto constituídas por libros de carácter Ancien Régime, a Biblioteca do Real Consulado conta desde un principio cun plan de adquisicións, baseado na Agricultura, Artes, Comercio, Economía Política e Belas Letras, un esquema que consigue formar unha biblioteca ancorada na Ilustración e o Iluminismo.

O seu fundador foi o erudito ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo da Santa Igrexa de Santiago, nacido no 1749 e falecido no 1806, pouco despois de ser inaugurada a biblioteca. Pedro Sánchez foi un home de amplos intereses, un dos máis preeminentes ilustrados da Galicia do XVIII, cunha ampla produción bibliográfica. 

Bibliotecas Camiño de Santiago

A recoñecida fotógrafa alemá  Candida  Höffer,  convidounos a unha peregrinaxe polos "lugares que conteñen cultura" máis destacados do Camiño de Santiago, entre os que figura a Biblioteca da Casa do Consulado, coa exposición froito de tal percorrido “Espazos Propios” que se presenta en tres distintas mostras – “Espazos”, “Lugares” e “Imaxes”, que tivo lugar no 2010.  E que podemos seguir gozando no catálogo da exposición.