Libros especiais
Na nosa páxina imos ir mostrando algúns dos tesouros, libros curiosos ou historias singulares
sobre o fondo antigo.
Libros de viaxes
BCC, 23 de mayo de 2023
Este ano cúmprense 150 anos da publicación dunha das viaxes máis coñecidas e emblemáticas da literatura universal: A volta ao mundo en 80 días. Así, en 1873, Julio Verne publicaba as peripecias do londinense Phileas Fogg, quen conseguiu percorrer o planeta no corto espazo de 80 días. Mais esta non é a única aventura que Julio Verne escribiu, pois a súa obra está plagada de grandes viaxes que emocionaron a miles de lectores e lectoras, acercándoos a distintos lugares do mundo - e incluso a algún fóra do mesmo. Entre estas obras podemos encontrar Viaxe ao centro da terra (1864), Da terra á lúa (1865), Vinte mil leguas de viaxe submarino (1869) ou A illa misteriosa (1874). O éxito destas novelas conformaría a Verne como un dos máximos exponentes modernos da literatura de viaxes e aventuras.
Non obstante, este xénero literario goza de séculos de antigüedade, pois as viaxes son un tema central de gran parte da literatura universal dende os seus comezos; responde, deste modo, a unha das cualidades humanas máis básicas: a curiosidade. Certamente, os seres humanos sempre tiveron curiosidade polo que se encontra máis alá das súas fronteiras, plasmado na literatura en forma de fantásticas viaxes – o que podemos chamar literatura de viaxes – ou en crónicas de viaxes reais – os chamados libros ou relatos de viaxes –. Respecto ao primeiro tipo, encóntranse nesa categoría algunas das máis famosas pezas literarias da historia, como poden ser a Odisea de Homero ou Os contos de Canterbury de Chaucer. Baixo a denominación de relatos de viaxes, encóntranse un tipo de escritos que non só respoden a unha ambición literaria, se non investigadora e documental. Julio Verne, coa súa maravillosa producción en prosa, coróase como un dos máis destacados herdeiros desta tradición de literatura de viaxes.
Nesta biblioteca podemos atopar unha gran cantidade de relatos de viaxes verdadeiras, emocionantes e interesantes, que non gozan do recoñocemento que sí teñen as obras puramente ficticias, mais que son unha fonte de coñecemento histórico e literario, así como unha fonte de gran entretemento. Desta maneira, antóxase un momento apropiado para mostrar e por en valor a fermosa e interesante colección de relatos de viaxes que aquí se alberga. Mais, primero é necesario coñecer as súas principais características. O termo libros ou relatos viaxes engloba unha gran cantidade de escritos de diversa modalidade, incluindo crónicas, cartas, relación, diarios, etc. Non son textos puramente literarios, pois aspiran a descubrir ou documentar unha realidade allea; sen embargo, diferéncianse notablemente de outros textos de carácter científico mediante a inclusión de numerosos elementos literarios, así como unha estructuración claramente narrativa. Converxen, así, neles o carácter documetal – mediante referencias xeográficas, culturales e históricas – e o poético – mediante figuras retóricas e as numerosas licencias –. Precisamente pola inclusión de licencias e o embelecemento da narración, estos textos non se poden tomar como material histórico fidedigno, pois a subxetividade e o interese pola forma afecta á veracidade do seu contido. De feito, esta posición intermedia entre a natureza histórico-documental e artístico-literario, relegou aos relatos de viaxes a unha posición secundaria respecto á crítica, quedando así nas sombras durante moito tempo. Coa ilustración e o seu carácter enciclopédico, os relatos de viaxes comezan a ser propiamente estudados e catalogados.
Na Biblioteca do Real Consulado podemos atopar unha ampla colección de libros de viaxes que abrangue dende o século XVI ata o XX, e que relata viaxes aos cinco continentes; incluénse dende primeiras impresións de curiosos investigadores ata relatos máis actuais. Pódense encontrar aquí, ademais, libros en español, portugués, francés, inglés e italiano, co que se recollen perspectivas diferentes á nosa á hora de enfrontarse e narrar este encontro con lugares e xentes descoñecidas. A continuación mostraranse algúns exemplos:
Podemos destacar África pintoresca: Región de Grandes Lagos: El Congo, libro de Víctor Giraud publicado en 1888 que conta as viaxes polos grandes lagos africanos do explorador franco-italiano Saborgna Brazza. Ademais dun pormenorizado relato das súas experiencias, inclúense numerosos debuxos da natureza e das xentes que alí atopou.
Para continuar, contamos con Cien y una maravillas del universo: obra pintoresca adornada con 28 láminas finísimas en acero, publicado en 1843, fruto da colaboración entre Chateaubriand, Comte de Buffon, Humboldt entre outros ilustres franceses. Neste exemplar atopamos relatos e ilustracións de viaxes por Europa e América.
Seguidamente, salientamos os oito volúmenes de The World Displayed; or A Curious Collection of Voyages and Travels, recopilado por Smart Christopher, Goldsmith Oliver e Johnson Samuels, publicados en 1795. Nestes oito volumes encontránse narracións de diversas partes do mundo, mais principalmente polo continente Americano.
Podemos destacar, ademais, Viage a Egipto, Palestina y otros países del Oriente de Narciso Pérez Reoyo, publicado en 1882, no que se exploran os países de oriente próximo.
Relaçao do novo caminho que fez por terra, e mar, vindo da India para Portugal no anno de 1663 o padre Manoel Godinho da companhia de Iesu; enviado á magestade derey N.S. Dom Affonso VI, publicado en 1665 contén unha interesante perspectiva da India.
A maiores, está Voyage dans L’Amérique Méridionale, commençant par Buénos-Ayres et Poyosi Jusqu’a Lima de Antoine-Zacharie Helms publicado en 1812; ofrece unha descripción minuciosa das que entonces eran colonias españolas en América do Sur.
E, para finalizar, destacar Viaggio in Ponente a’ San Giacomo di Galitia, e Finisterrae, escrito por Domenico Laffi e publicado en 1681, no que se relata unha viaxe a Santiago de Compostela, ofrecendo descripcións e impresións da nosa terra.
BIBLIOGRAFÍA
Albuquerque, Luis. “Los libros de viajes como género literario”. Diez estudios sobre literatura de viajes. Editado por Manuel Lucena Giraldo y Juan Pimentel. Madrid: Instituto de la lengua española, 2006.
Bas Martín, Nicolás. “Los repertorios de libros de viajes como fuente documental”. Anales de documentación, núm. 10 (2007): 9-16.
África pintoresca: Región de Garandes Lagos: El Congo (1888)
Cien y una maravillas del universo: obra pintoresca adornada con 28 láminas finísimas en acero (1843)
The World Displayed; or A Curious Collection of Voyages and Travels (1795)
Viage a Egipto, Palestina y otros países del Oriente (1882)
Relaçao do novo caminho que fez por terra, e mar, vindo da India para Portugal no anno de 1663 o padre Manoel Godinho da companhia de Iesu; enviado á magestade derey N.S. Dom Affonso VI (1665)
Voyage dans L’Amérique Méridionale, commençant par Buénos-Ayres et Poyosi Jusqu’a Lima (1812)
Viaggio in Ponente a’ San Giacomo di Galitia, e Finisterrae (1681)
MANUFACTURA PAPELEiRA ATA O SÉCULO XIX. (III)
“Breve historia das fábricas de papel en Galicia”
BCC, 19 de outubro de 2022
PRIMEIRAS FÁBRICAS GALEGAS: FARAMELLOS (Rois, ca. 1710) Y LARAÑO (ca. 1792)
A historia do primeiro muíño papeleiro en Galicia do que se ten constancia ten unha orixe moi romántica. O nobre xenovés Bartolomeu Piombino, tras facer o camiño de Santiago en 1710, namórase dunha compostelá, e decide volver co seu socio Jacobo Gambino, para casar e construír o Pazo e a Real Fábrica de papel de Faramellos (Rois). Comezou a funcionar ao redor de 1714. O proceso de fabricación facíase a grandes liñas como explicamos a través dos gravados do Art de faire le papier. Algúns datos específicos que coñecemos desta fábrica, son que empregaba a 10 operarios, dos cales dous eran mestres: o propio Gambino, e o portugués, sendo os demais galegos. As instalacións papeleiras consistían nunha sólida presa, unha canle ata o muíño papeleiro, que tiña vinte e unha pilas para macerar o trapo, con tres mazos e chapas de ferro cada unha. E para a elaboración do papel había dous tanques co seu torno e bastóns e demais equipamento preciso. Completan as instalacións, dous muíños fariñeiros, augas abaixo do río Tinto, afluente do Sar.
A día de hoxe pódense visitar algúns dos antigos muíños e canles, a través dunha visita guiada polo Pazo de Faramellos
Cara a 1792 foi construída a fábrica de Laraño por don Nicolás de Santamarina na marxe dereita do río Sar, na parroquia de San Martín de Laraño, lugar de Vidán, moi próxima a Santiago de Compostela.
Temos constancia da súa existencia polas citas en 1803 de Verea e Aguiar como “acabada agora mesmo de formarse”. E volve ser citada en 1805 polo Cóengo don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde.
Descoñécese a configuración precisa e detallada das instalacións, aínda que pola época da súa construción é moi posible que contase xa con tres grupos de mazos diferenciados para os labores específicos de esfiañado (tres pilas de desgarrado), afinado (dúas pilas de moenda) e desleído (unha pila de homoxeneización da pasta) tras as que se obtiña a pulpa ou pasta para a elaboración do papel.
Esta fábrica de papel debeu de pechar pronto como tal, pois aínda que aparece citada por Sebastián Miñano en 1827, xa non se menciona en 1847 no dicionario de Pascual Madoz, que cita non obstante unha de panos e outra de curtidos. Xa no século XXI, recupéranse e restauran as instalacións, e reconvértese no hotel A Quinta dá Auga, onde tamén se mostran colgados das súas paredes os gravados do Art de faire papier.
EXPANSIÓN INDUSTRIA PAPELEIRA EN LOUSAME E NOIA
A principios do XIX desenvolveuse no concello de Lousame e no de Noia unha florecente industria do papel, quizais a máis importante de Galicia. Entre elas, a fábrica de O Castro, localizada na marxe esquerda do río de Soñora (tamén chamado de Batáns, do Castro ou de Vilacoba), fundada o 24 de setiembre de 1810 por Esteban Camperoy Leys, Alberto Antonio Torrado e Domingo Antonio de Castro. En 1857, Domingo Fontán e o seu irmán Andrés posuían a totalidade da fábrica que tivo relevancia na fabricación de papel timbrado para o Estado. Está documentado o seu funcionamento e propiedade da familia Fontán ata 1912. Actualmente, está en ruínas.
Se tes curiosidade por coñecer outras fábricas papeleiras galegas, aquí tes outro roteiro polas fábricas de Lousame.
Para acabar estas entradas sobre a historia do papel, mencionar que a partir de 1880, comeza a fabricarse o papel en España a partir de limaduras de madeira, proceso que resulta máis barato. Ao principio, a pulpa de madeira obtense a partir de procesos mecánicos, polo que se obteñen fibras fráxiles, e cun alto contido en lignina, que volve amarelado e quebradizo o papel. A finais do XIX, desenvólvense procesos químicos que conseguen un papel máis resistente. A maioría destes papeis non presentan “verjurado”.
Con todo, na actualidade séguense a utilizar as fibras téxtiles para papeis de alta calidade e na restauración de libros antigos.
Bibliografía:
La Lande, Jérôme de (1732-1807) / Art de faire le papier. Tomo XXII de Descriptions des arts et métiers, faites ou approuvées par MM. de l'Académie royale des sciences. - Paris : 1761-1789.
Artículo de Rey, Carlos “La primera fábrica de papel de Galicia y residencia real de verano.” publicado en El español (24/11/2020)
Asociación Buxa: asociación galega do patrimonio industrial:
Barral Martínez, Margarita (2012) / Domingo Fontán Rodríguez en Álbum da Ciencia. Culturagalega. org. Consello da Cultura Galega
Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio (1749-1806) / Memoria sobre la policia y régimen de los abastos… Santiago. Madrid : [s.n.], 1806 (Imprenta de Sancha)
Alonso Álvarez, L., 1986. Comercio colonial y crisis del Antiguo Régimen en Galicia (1778-1818). La Coruña: Xunta de Galicia. D. L. 1986.
Último timbre de papel da Real Fábrica de Faramellos
(foto obtenida del
Facebook del Pazo de Faramello )
"Moulin á papier situé à la grande rive en Auvergne" del grabador Louis Simonneau (1654-1727)
En: Art de faire le papier
Canles, rueda de muíño e outros equipamentos dun muíño papeleiro en Auvernia.
Fábrica de O Castro, coñecida como fábrica de Fontán, unha das fábricas do Concello de Lousame
(foto obtenida del
MANUFACTURA PAPELERA HASTA EL SIGLO XIX. (II)
“Proceso de fabricación no século XVIII. L'art de faire le papier”
BCC, 16 de agosto de 2022
Para describir a técnica detallada da fabricación tradicional de papel en occidente no século XVIII, acudimos ao volume de Joseph Jérome da Lande (1732-1807) do “Art de faire le papier” da colección Descriptions des arts et métiers, faites ou approuvées par MM. de l'Académie royale des sciences. - Paris : 1761-1789. E en concreto ás láminas que che mostramos, do gravador Louis Simonneau (1654-1727), todas elas gravadas en 1698.
A súa fabricación baséase na obtención de pulpa de fibras vexetais, principalmente de trapos usados de liño, algodón e da planta do cáñamo, mediante inmersión en auga. Previamente, as selectoras elixen os trapos máis finos e os máis brancos, eliminando costuras e outras irregularidades, para conseguir papeis de moi boa calidade. A continuación, macéranse no pudridero (lámina I).
Acto seguido, elimínase a auga desta capa mediante presión e secado. Os muíños papeleros europeos e españois do s. XVII, utilizan un sistema de mazos de madeira, os martinetes, que machucaban os trapos movidos pola forza hidráulica fornecida pola roda do muíño (lámina II).
Unha vez elaborada a pasta, introdúcese nun bastidor de madeira (lámina III) no que se dispoñen unha serie de fíos metálicos, de cobre ou latón, formando unha reixa. Este molde, introdúcese nun tanque coa pasta de papel convenientemente diluída en auga e, sobre a súa superficie, sácase unha porción da devandita pasta, que ao secar dá lugar á folla ou prego de papel. A reixa deixa a súa pegada no papel, a “verjura”. Este papel “verjurado” componse de liñas verticais -os “corondéis- e horizontais -os puntizóns. Nelas, a pasta de papel queda máis delgada e, créase unha alternancia de liñas claras e escuras máis evidentes a contraluz.
O obreiro que manexa a forma, o laurente (lámina IV fig. A), debe movela correctamente -tanto ao introducila no tanque como cando se saca del- para conseguir que a pulpa se deposite de forma homoxénea en toda a súa superficie.
Pero o traballo de fabricación dunha folla de papel non termina cando o laurente saca a pasta do tanque. Aínda queda un longo proceso en que a pasta húmida debe ser manipulada. Tras escorrer a auga, a pasta envórcase desde a forma sobre un tecido de lá. O operario que a executa, o poñedeiro (lámina IV fig. F), ten ante sí unha operación delicada que precisa de pericia. A continuación, as follas colocadas entre os tecidos, prénsanse para eliminar a auga en exceso que contén aínda a pasta de papel. Unha vez prensadas, outro operario do muíño, o levador (lámina IV fig.I y K), separa cada folla do tecido e prénsase de novo o papel limpo, para que a tendedora as coloque a secar nas cordas do tendedeiro (lámina V), parte do muíño con ventilación suficiente para este propósito.
Todos estes procesos requirían de moita atención para que a folla non se deteriorase. Entre os defectos máis frecuentes pódense atopar pliegues, roturas ou manchas de auga (zonas con menos pasta nas que caeu unha pinga de auga cando o poñedeiro executaba o seu traballo). Finalmente, a folla encólase e brúnese, pasos necesarios para conseguir sobre ela impresións de boa calidade.
Bibliografía:
La Lande, Jérôme de (1732-1807) / Art de faire le papier. Tomo XXII de Descriptions des arts et métiers, faites ou approuvées par MM. de l'Académie royale des sciences. - Paris : 1761-1789.
La verjura. Conservación del libro. Blogspot.
Cortés Vázquez, Luis / Del papiro a la imprenta : pequeña historia del libro. -- Madrid : Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, D.L. 1988
Lámina I
"Choix ou délissage des différentes qualités de chiffons, dérompoir & pourrissoir"
Lámina II
"Interieur du moulin à pilons"
Lámina III (detalle)
"Formes ou moules avec lesquelles on puise les feuilles de papier"
Lámina IV
" Travail du papier lorsque les feuilles se forment, se couchent & se mettent en preffe."
Lámina V
"Etendoirs à papier."
MANUFACTURA PAPELERA ATA O SÉCULO XIX. (I)
“O papel de España na historia do papel”
BCC, 20 de xullo de 2022
ANTECEDENTES E ORIXE DO PAPEL
Antes do papel, os soportes utilizados foron o papiro, inventado no Antigo Exipto (antes do 3000 a. C.) e posteriormente, na antigüidade grecorromana, o pergameo.
O considerado primeiro proceso de fabricación do papel -datado no século II a. C. , en China-, consistía na obtención dunha pasta de fibras vexetais con alto contido en celulosa procedentes da morera, o ramio e o algodón e de trapos e teas vellas. Esa pasta laminábase e secaba.
EXPANSIÓN DESDE ESPAÑA
¿Pero cando e desde onde chega a Europa? Por medio dos árabes, aos que chegou no século VIII. E precisamente desde España, onde estableceron a primeira fábrica española -que está documentada-, en Játiva (antes de 1153). Desde alí, primeiro a París, no momento que xorde a súa universidade, e paulatinamente, a Sicilia, a Italia, Sur de Francia. Nordés de Francia (Champaña) e Países Baixos.
Mostramos o libro do xeógrafo arábigo-español Abū Abd Allāh Muhammad ao-Idrīsī, O-Idrisi ou O Edrisi “Descrición de España”, polo que se ten constancia da primeira fábrica española en Medina Xativa. Non é fácil atopar edicións desta obra (Roma, 1592, en árabe; París.1619, tradución ao latín) e o noso exemplar, impreso en 1799, na Imprenta Real, por Pedro Pereira, impresor de cámara de Carlos IV, que supoñemos a primeira versión bilingüe árabe-española. Como afirma o seu editor literario e tradutor, Josef Antonio Conde, entre os libros importantes que se salvaron da queima indiscriminada de máis de 80.000 manuscritos árabes, atópase esta obra escrita no ano 548 da Hégira, ou sexa no 1153 da era cristiá.
O Idrisi dinos de Medina Xativa que “...fabrícase papel como non se atopa outro no mundo”. Esa calidade fainos pensar que no califato de Córdoba, que viviu un gran esplendor cultural no século X, tivo que haber fábricas papeleiras anteriores.
Os grandes avances introducidos polos árabes na fabricación do papel foron: a utilización da enerxía hidráulica, o branqueo das fibras con cal, o encolado con goma arábiga ou engrudo de amidón e o perfeccionamento da forma ou molde papeleira. As materias primas usadas eran o ramio, o liño e o cáñamo.
PAPEL ESPAÑOL DESDE A IMPRENTA AO SÉCULO XVIII
Tras este protagonismo coa civilización hispano-árabe, a manufactura papeleira pasou por períodos de maior ou menor prosperidade. Tras unha leve recuperación na primeira metade do século XVII, con presenza de traballadores cualificados xenoveses e franceses, a industria papeleira vai crecendo paulatinamente, ata chegar ao século XVIII, considerada a idade de ouro da fabricación do papel en España, especialmente en Cataluña.
Bibliografía:
Asenjo Martínez, José Luis / Acerca de El Idrisi. En: Actas del II Congreso de Historia del Papel. Cuenca, 1997.
Idrisi, Muhammad ibn Muhammad al-Sarif / Descripción de España. Madrid : en la Imprenta Real : por D. Pedro Pereyra impresor..., 1799
Hidalgo Brinquis, Mª del Carmen (Instituto del Patrimonio Histórico Español) La fabricación del papel en España e Hispanoamerica en el siglo XVII.
Cortés Vázquez, Luis / De él papiro a lana imprenta : pequeña historia de él libro. -- Madrid : Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, D.L. 1988
Planta herbácea do xénero Cyperus, da que se obtén o papiro.
Mención á calidade do papel da fábrica de Xátiva en Descripción de España / de Xerif Aledris con traducción y notas de Don Josef Antonio Conde . Madrid: Pedro Pereyra impresor, 1799
Papel de tanque de alta calidade, no que se aprecian os corondeles e puntizóns, da fábrica do catalán José Florens utilizado na edición de luxo do Quixote de Ibarra de 1780.
A INVENCIÓN DA IMPRENTA. Primeiros impresores
BCC, 22 de abril de 2022
Co dobre motivo da celebración do día do libro e a preparación dunha exposición na Biblioteca sobre o V Centenario de Nebrija, imos dedicar a entrada de hoxe á invención da imprenta de Gutenberg en Maguncia, de grande impacto no humanismo, coa edición dos clásicos grecolatinos e dos autores do Renacemento e os primeiros libros "no berce" os incunables, coas primeiras tipografías góticas ideadas por Peter Schöffer -socio de Gutenberg-, que a pesar de estar xa en desuso na escritura amanuense, empregounas por ser unha letra totalmente regular, o que lle permitiu economizar e racionalizar o sistema. Mostrámosvos unha selección dos primeiros impresores, desde o socio de Gutenberg, Peter Shöeffer, ata Aldo Manucio ou o español, Juan de Brocar. E outras características singulares dos primeiros libros impresos, coma o colofón, as marcas tipográficas del impresor e as letras capitulares xilográficas.
Colofón de Apiano / De civilibus Romanorum bellis historiarum libri quinque. Moguntiae: Ioannis Schöefer, 1529
Impreso en Maguncia no taller do sucesor de P. Schöffer, colaborador de Gutenberg, na invención da imprenta. A súa aportación foi vital para a materialización da tipografía.
Retrato de Aldo Manucio humanista e impresor italiano, inventor da letra cursiva.
Colofón de Opuscula Sancti Thome . Venecia: Ottaviano Scotto, 1498.
Colofón das Leyes de todos los reynos de Castilla. Alcalá de Henares: impr. Juan de Brocar, 1540.
Juan de Brocar
Marca tipográfica de Aldo Manucio, cuxo lema era
Festina Lente
Letras capitulares xilográficas do libro impreso en Maguncia
Letra capitular xilográfica do libro Leyes de todos los reynos de Castilla.
O MANUSCRITO DO DUENDE DE PALACIO. Oríxes da prensa satírica en España
BCC, 27 de novembro de 2021
As peripecias do Trasgo deixaron pegada na historia de España, non como un personaxe de primeira orde, senón na forma de abordar o feito político dunha maneira orixinal, creando escola no xornalismo satírico.
Na primeira metade do século XVIII, coa aparición das chamadas gacetas, pode falarse dunha incipiente prensa satírica, cuxo trazo máis destacado é a parodia dos estereotipos lingüísticos das disposicións administrativas, que contaba cun referente tan ilustre como as obras festivas de Quevedo.
O xornal manuscrito do Trasgo de Palacio, que nos ocupa, sae puntualmente de decembro do 1735 a maio de 1736 e é considerado o primeiro periódico satírico en España
Este xornal, e a forma de publicarse manuscrita e anónima, pódese tamén relacionar coa tradición barroca do libelo anónimo manuscrito, usado nas guerras literarias entre os escritores do noso Século de Ouro, aínda que outras veces dedicábanse versos asinados, todos eles cargados de ironía e sarcasmo.
O dardo incisivo do Trasgo queda cravado nos principais dirixentes da época, ben se trate dos reis D. Felipe V e da súa esposa dona Isabel de Farnesio ou dos seus ministros, especialmente D. José Patiño, ou do presidente do Consello de Castela, D. Gaspar de Molina.
Patiño convértese, no decenio 1726-1736, no único interlocutor nos asuntos de Estado. Ademais do cargo de Secretario de Estado durante o reinado de Felipe V, ostentaba o de Intendente Xeral da Mariña, coas competencias referentes ás Indias, e o de Ministro de Facenda e Superintendencia.
Neste contexto, a única traba ao absolutismo do ministro, efectiva e mordaz a un tempo, foi a sátira político-social que veu presentar o talante crítico do século XVIII. E moi en especial as noticias e sarcasmos daquel Trasgo crítico de Madrid, para quen Patiño converteuse en obxectivo predilecto:
Yo soy en la corte
un crítico Duende
que todos me miran
y nadie me entiende;
cuando meto ruido
en el gabinete
asusto a Patiño
y enfado a los Reyes.
Na súa primeira presentación ante o público, un xoves 8 de decembro de 1735, o autor ocúltase tras a máscara satírica:
Como no reparan,
aunque me ven siempre,
ni saben quien soy,
ni saberlo pueden.
Yo sé los secretos
de sus intereses,
y sé que se engañan
recíprocamente.(...)
No hay que conjurarme
para conocerme
porque yo soy solo
el crítico duende.
Os seus versos traslucen o tópico alegórico do satírico como único sanador do mal que afecta ao goberno:
Remedio en sus males
suave no esperen,
que ya está podrido
el miembro doliente (…)
yo de compasivo
no obstante ser duende
le daré con polvos
algunos papeles.
Bibliografía:
Lizaso Tirapu, Miguel Ángel / Datos para una biografía del duende crítico en separata de la revista Príncipe de Viana nº 259 de 2014
Egido, Teófanes / Prensa clandestina española del siglo XVIII. El duende crítico. Universidad de Valladolid, Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, 2002
Escudero, J.A / Los orígenes del Consejo de Ministros en España, vol. i, 2001, pp. 90-100
Portada de Tomo Primero de los prodigios, hechos y vida del Duende del Real Palacio y Gavinete de Madrid [manuscrito]. -- 1735
Comezo dos Papeles del Duende, con tirada un día á semana, os xoves, ao modo do único xornal existente entonces, La Gazeta, que salía os martes.
Colofón dos Papeles encuadernados en pergaminñ. O tomo inclúe ademáis a historia da vida, prisión e fuga do suposto "Duende", así como, copias de cartas, asinadas polo "Duende", que colaboran a desvelar á súa identidade: Frai Manuel de San José, dos carmelitas descalzos, tamén coñecido como Manuel Freire da Silva.
O ÓRGANO ILUSTRADO: l´ART DU FACTEUR D´ORGES François Bedos de Celles.
BCC, 22 de outubro de 2021
O século XVIII será testemuña dun anovado interese pola música e a organoloxía dende novas perspectivas. Dous eixos fundamentais do mesmo serán a análise científica da orixe do son, e a formalización e instrución académica nas diversas artes mecánicas e liberais. Este último aspecto alcanzará tamén á construción de instrumentos e, nomeadamente, de órganos. A Enciclopedia, editada por Diderot e D’Alambert, dedica un extenso artigo ao órgano, non só dende o punto de vista puramente musical, senón tamén dende o punto de vista mecánico e tecnolóxico. Dentro dos gravados reservados á construción de instrumentos, un total de 11 pranchas dedícanse á organería, o que é, de lonxe, o conxunto máis extenso. Amais de servir para ilustrar aos curiosos, polo nivel de detalle e precisión estes gravados podían ser perfectamente empregados na educación de futuros artesáns deste arte.
Cumpre, por outro lado, recordar que o propio d’Alambert, un sobresaínte físico e matemático, foi o primeiro en propoñer, en 1747, unha solución á ecuación de ondas. É dicir, en describir matematicamente a vibración da corda dun instrumento musical. A coñecida como fórmula de d’Alambert é unha pedra angular da mecánica de ondas, e polo tanto de calquera achegamento científico á teoría da formación das ondas sonoras. Esta ecuación, na súa esencia, permita tamén entender a formación dos diversos sons nos tubos do órgano.
Pouco despois de aparecer a primeira edición da Enciclopedia, e dada a enorme complexidade e diversidade de coñecementos implicados no deseño e construción dun órgano, a Academia Francesa das Ciencias (da que os propios D’Alambert e Diderot eran membros) encargará ao organeiro bieito François Bédos de Celles a redacción dun volume especifico sobre a arte da organería. O resultado será o monumental “L’Art du Facteur d’Orgues”, probablemente a obra máis completa e complexa nunca escrita sobre a construción dun instrumento musical. Nel abórdase dende o proceso de deseño e planeamento dun instrumento, até o seu mantemento unha vez rematado. O libro, en gran formato como os da propia Enciclopedia, ten case 700 páxinas e acompáñase de 137 detalladas láminas de gravados, dunha calidade excepcional, algunhas delas despregables e de máis dun metro.
Se as láminas da Enciclopedia “Description des arts et métiers faites ou approuvées par messieurs de l'Académie Royale des Sciences”, publicada entre 1761-1788, son magníficas, as 137 do libro de Bedos son simplemente soberbias. Mostramos neste caso a lámina XXXII, co deseño dun gran órgano de 32 pés (tubo maior de aproximadamente 4 metros) e de 4 teclados, en alzado e planta. Nos gravados seguintes, a lámina LXXVII e detalle da mesma, co órgano barroco de la Abadía de Weingarten (Alemania), construido por Joseph Gabler entre 1737 y 1750, que convetiuse no seu traballo máis importante e famoso, tras esta publicación na obra de Bedos de Celles.
Información facilitada por un investigador da BCC, Andrés Díaz Pazos, Doutor en Ciencias Físicas, que colabora en proxectos sobre a historia da ciencia e o patrimonio instrumental.
Lámina XXII en Bedos de Celles / L'art du facteur d'orgues. [Paris] : de l'imprimerie de de L.F. Delatour, 1766
Buffet d'orgue de l'Abbaye de Weingarthen, dans la Souabe en Allemagne . Grabado de Pierre Claude Delagardette.
Detalle do gravado anterior
OS CLÁSICOS GRECOLATINOS EN LA BCC
BCC, 30 de setembro de 2021
Estes días falando sobre as peculiaridades dos fondos da BCC, acordámonos das edicións de clásicos grecolatinos que custodia a Biblioteca, que saíron á luz para a exposición Cuarto Centenario de Cervantes (2016). Por este motivo hoxe mostrámosvos un extracto do artigo publicado na Revista Areal (nº 14 abril 2017), que relata o gran coñecemento dos clásicos de Cervantes.
Toda a súa obra está salpicada de citas dos clásicos deixando ver o coñecemento que tiña de todos eles. Na mostra expóñense varias obras, algunhas delas de edicións moi próximas a Cervantes, como son as dúas Ilíadas de 1541 ó 1589. Segundo Arturo Marasso, Cervantes tivo que ler a Ilíada en italiano, ou en versións latinas, porque non pode citarse tradución española da época.
Recóllense algunhas das frases onde os cita:
“Todo el día se le pasa en averiguar si dijo bien o mal Homero en tal verso de la Ilíada.” (Quijote, cap. XVI, parte 2ª)
“porque todo él es una invectiva contra los libros de caballerías, de quien nunca se acordó Aristóteles, ni dijo nada San Basilio, ni alcanzó Cicerón” (Prólogo de El Quijote)
“y según Terencio, más bien parece el soldado muerto en la batalla que vivo y salvo en la huida” (Quijote, cap. XXIIII, 2ª parte)
“A fee que no fue tan piadoso Eneas como Virgilio le pinta, ni tan prudente Ulises como le describe Homero” (Quijote, cap. III, parte 2ª)
El asno de oro. Apuleyo.
“texto que el autor de Persiles y Sigismunda conocía muy bien, en la traducción de Diego López de Cortegana” (Arturo Marasso)
Cicerón / Los deziseis libros de las epístolas. Madrid: Pedro Madrigal, 1589.
Homero / La Íliada. Edición de 1541
MUSICOTERAPIA: A danza da tarantela como remedio para a picadura da tarántula
BCC, 16 de xullo de 2021
Xa desde o medievo estendeuse a idea de que o ritmo vivo da danza da tarantela, orixinaria do sur de Italia ( Tarento), podería evitar os males da picadura da tarántula. En España, a temible picadura do arácnido era frecuente en Andalucía, Estremadura e A Mancha, onde se adoitaba interpretar coa vihuela. A obra que che presentamos hoxe recolle este tradición popular, onde o autor defende o poder terapéutico da música:
«Es, pues, la sonata de la tarantela cierto sonido armónico bastante vivo y acelerado entre fandango, folías y canario, o una mezcla de todas estas sonatas, muy propio y aun específico para excitar a los ya moribundos infectos del veneno del referido animal» (p. 15). Recomienda que se toque en la vihuela o en el violín, de una forma animada y vigorosa, y que sea ese ritmo, pues otro no sirve... «ha de ser una música viva e impelente, que eficazmente mueva los nervios del enfermo» (p. 16), ya que no valen los sones dulces y suaves, «como que tienen cierta dulzura pausada, porque adormecen y entorpecen los movimientos (p. 16)
Gravado da tarántula. Nuevos elementos de historia natural...por M. Salacroux. Tomo III. Madrid, imprenta de Verges, 1838
Ao longo do século XVIII vaise negando a superstición, pero é certo que a danza durante moito tempo tivo -e aínda ten -un valor medicinal. Como sucedeu en moitas ocasións ao longo da historia, o folclore e a superstición aniñaron alí onde a ciencia non foi capaz de chegar, de forma que a tarantela podería ser considerada a antesala da musicoterapia.
Portada e partituras da tarantela. Cid, Francisco Javier/ Tarantismo observado en España ... y memorias para escribir la historia del insecto llamado Tarántula, efectos de su veneno en el cuerpo humano, y curación por la música ... [Madrid] : en la Imprenta de Manuel González, 1787
ANIVERSARIO EMILIA PARDO BAZÁN (1851-1921)
BCC, 12 de mayo de 2021
A nosa pequena homenaxe a unha das escritoras galegas máis destacadas, Emilia Pardo Bazán, no ano do seu aniversario, a través das obras que donou á Biblioteca, con primeiras edicións e entre outras, unha curiosa e pequena obra titulada Jaime (9x6cm), con una tirada de 300 exemplares.
Pardo Bazán, E. / Los pazos de Ulloa. Barcelona : Daniel Cortezo y Cía., 1886
Pardo Bazán, E. / Pascual López: autobiografía de un estudiante de medicina. Madrid, 1879
Pardo Bazán, E. / El cisne de Vilamorta. Madrid : Librería de Fernando Fé, 1885
Pardo Bazán, E. / La dama joven y otros cuentos. Barcelona : Daniel Cortezo y C.ª, 1885
Cuberta de La Dama Joven e outros relatos.
Foto do seu fillo Jaime.
Pardo Bazán, E. / Jaime. Madrid, 1881
Mill, John Stuart / La esclavitud femenina con prólogo de E. Pardo Bazán