Visitas guiadas e exposicións

Visitas guiadas segundo xoves de cada mes

Comezando polo edificio  neoclásico do Consulado para profundizar no ambiente da Ilustración no que se funda a Biblioteca, adentrámonos nela onde se poderán contemplar obras como o legado de Juana de Vega, que doou os seus libros e mobles á Biblioteca; a primeira edición holandesa ilustrada do Quixote ou un manuscrito de Quevedo, datado o 20 de xullo de 1633 en Villanueva de los Infantes, que se consideraba perdido desde o século  XVII ata que apareceu na Biblioteca en 1991.


Se estás interesado nunha das nosas visitas guiadas, ponche en contacto connosco, no 981206274 ou por correo electrónico bibliocasaconsulado@gmail.com


Visitas e exposicións anteriores

Obradoiro de planisferios na Biblioteca

BCC, 30 de diciembre de 2022


Da man da Agrupación Astronómica Coruñesa IO montamos un planisferio celeste e aprendimos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achegouno a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. 


Exposición de fondos de astronomía da BCC

BCC, 7 de octubre de 2021


Con motivo da celebración do  XXIV Congreso Estatal de Astronomía, a Fundación colabora coa Agrupación Astronómica  coruñesa Ío, na realización de visitas guiadas programadas cos fondos máis destacados de astronomía que custodia a Biblioteca, desde a edición do século  XVI da obra medieval escrita por  Johaness de  Sacrobosco cara  1.230 -que introduce os elementos básicos da astronomía-; ou a edición de 1605 da Xeografía de  Ptolomeo con mapas versión de  Mercator -considerada a de maior calidade e  finura no gravado de todas as  Geographias, ata obras de astrónomos franceses do  XVIII -  Lalande,  Lacaille-; obras de expedicións científicas do  XVIII -ao Perú e ao Cabo de Boa Esperanza- e tratados de navegación nas que se aplican os descubrimentos destas. Para acabar con obras de grandes divulgadores da astronomía do  XIX e do  XX-  Flammarion e Ramón Mª Aller (considerado o  iniciador da investigación astronómica en Galicia)-

Exposición:  "Xosé Cornide visto dende  a súa biblioteca"


Achegámonos á figura de Xosé Andrés Cornide de Folgueira Saavedra, un dos máis destacados ilustrados en Galicia. A Biblioteca de Cásaa Consulado custodia gran parte da súa propia. Presentámosche a exposición monográfica realizada na Biblioteca. 


Exposición de Cervantes

Aproximámonos á España de Cervantes, con feitos históricos relevantes como a anexión de Portugal ou a expulsión dos  moriscos.  Ao coñecemento da medicina que tiña o noso autor e a relación cos literatos contemporáneos.


Percorremos a súa figura a través dalgúns datos biográficos máis coñecidos como o Cervantes soldado que resultou ferido na Batalla de Lepanto e outros menos populares como a súa reiterada intención de ir ás Indias,  ou a temperá difusión do Quixote en América.


Vemos o dominio que tiña Cervantes dos clásicos  grecolatinos, unha selección dos libros que se salvaron da fogueira da biblioteca de D. Quixote. e unha mostra das súas obras en distintas edicións.

Todo iso a través dos fondos custodiados na Biblioteca de Cásaa Consulado. A exposición estivo aberta na sede da  bilioteca do 14 de decembro de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017.


Colaboracións con outras exposicións.

Cesión de fondos para importantes exposicións: