Conferencias

Ciclo de conferencias "Expedicións e viaxes marítimas II" (séculos XVI-XVII)"

Tras protagonizar a primeira volta ao mundo, Elcano regresa ao mando da "Vitoria" cargado de cravo. Xérase con rapidez un entusiasmo polas novas perspectivas económicas e políticas e ábrese un mercado onde A Coruña xogaría un papel importante pola súa situación privilexiada. Créase a "Casa de Contratación da Especiería" e organízanse varias expedicións e armadas que parten da devandita cidade.

As conferencias do 2022, foron impartidas por recoñecidos especialistas e versaron sobre os aspectos máis significativos destes sucesos e episodios singulares desas viaxes marítimas; particularmente o destino dunha das naves que desaparece na viaxe de Loaysa. Tamén se estuda a emigración galega desa época e por último, a transformación dos portos galegos ao ser lugares de partida das diferentes armadas e expedicións marítimas.

O programa foi o seguinte:

Colaboran a Vicaría Episcopal Territorial da Coruña-Arcebispado de Santiago, coa cesión da Igrexa das Capuchinas como sede dos relatorios,  e  a Deputación da Coruña.

Ciclo de conferencias "Expedicións e viaxes marítimos: Ciencia, riqueza e sangue (séculos XV-XVII)"

Os recentemente cumpridos 500 anos da saída da expedición Magallanes-Elcano motivan o tema das conferencias do 2019. Impartidos por especialistas de renome e centraanse nos aspectos máis significativos e episodios singulares de viaxes por mar durante a idade moderna.

Se abordan diferentes temas; por un lado, a viaxe que deu lugar á primeira circunvalación da terra. Por outro analízase a contraofensiva inglesa de Drake e as súas consecuencias nos dous países.

Tamén explica o papel dos portos galegos e a súa posición xeográfica e estratéxica, a súa condición de refuxio e lugares de partida para as embarcacións e expedicións marítimas.

Finalmente, falase da vida a bordo destas viaxes. Con estas xornadas, a Fundación Biblioteca da Casa do Consulado pretende mellorar o coñecemento e a difusión do seu legado histórico, así como actividades económicas e sociais relacionadas coa cidade e coa comunidade galega

O programa das conferencias foi o seguinte

Ciclo de conferencias "Inglaterra vs. España. Relacións na idade moderna"

O ciclo de conferencias do 2018, versa sobre as relacións, non sempre amistosas, entre Inglaterra e España ao longo da historia; especialmente durante a idade moderna. Abórdanse diferentes aspectos; por un lado o aumento do interese polo coñecemento e a interpretación das linguas. Por outro analizase a loita estratéxica polo control do comercio con Europa e o dominio do Océano Atlántico, obxecto de intereses coincidentes que deron lugar aos meirandes enfrontamentos da época. Asimesmo, expóñense outras cuestión de índole cultural e de política internacional como a visión do Embaixador en Londres e a súa colección de documentos que reflicten os acontecementos relevantes de principios do XVII. Un último aspecto reflicte o papel vertebrador que representou o eixo A Coruña – Ferrol; a súa posición xeográfica e estratéxica, a súa condición de portos refuxio e lugares de partida de armadas e expedicións marítimas que cambiaron o rumbo da historia.

Programa das conferencias

Conferencias anteriores

Ciclo de conferencias 2017: A Coruña, tesoros esquecidos

Ciclo de conferencias 2016:  A Coruña posición estratéxica e expedicións marítimas