Gravados e Cartografía

Gravados

A Biblioteca está en proceso de catalogación e dixitalización dos gravados en láminas soltas da  Calcografía Nacional e dos gravados  insertos en libros, do século XVII en diante, que permiten achegarnos ao libro desde unha dobre visión científica e artística e profundar no coñecemento do importante fondo bibliográfico da Biblioteca. Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Custodia libros con estampas dos máis destacados gravadores do século  XVII, como o español Pedro de  Villafranca e outros flamencos ou franceses establecidos en España, como Pedro  Perret, Mª Eugenia  Beer, Juan de  Courbes, Juan de  Noort e Juan de  Schorquens.  

É a mediados do  XVIII cando se dá un verdadeiro impulso á arte do gravado, única técnica de reprodución de imaxes do momento. Dentro do programa ilustrado a estampa xogou un papel de transcendental importancia na difusión da mecánica, as ciencias naturais, a medicina, a cartografía, a enxeñería, a arquitectura, a agricultura... Impresores e artistas gravadores procuraron facer chegar a través do impreso a beleza e a razón do século. As máis importantes imprentas competiron na perfección e adorno do libro. 

Entre os gravadores máis importantes do  XVIII destacan Juan  Bernabé  Palomino, Manuel Salvador  Carmona, Juan da Cruz  Cano  Olmedilla e José Antonio  Ximeno e Carrera.


Principales gravadores do XVII


Retrato de Felipe IV. 

Gravado de Pedro de Villafranca (ca. 1615-1684)  

En:  Castillo, Leonardo del / Viage del Rey nuestro señor Don Felipe Quarto el Grande. Madrid : en la Imprenta Real, 1667

Monasterio do Escorial. 

Gravado de Pedro de Villafranca (ca. 1615-1684)  


En:  Santos, (Jer.) (m. 1699) /Descrición Monasterio del Escorial. En Madrid : en la imprenta de Juan García Infançon, impressor..., 1698


Portada gravado calcográfico

Gravado de Eugenia de Beer


En Guerra de Flandes/ Cardenal Bentivoglio. Madrid, 1643

Carromatos españois para portar canóns de Juan de Noort (1587-1652).


En: Firrufino, Julio César (m. 1651) /   El perfeto artillero : theorica y pratica / por Julio Cesar Firrufino.... -- En Madrid : por el Licenciado Iuan Martin de Barrio, 1642 (1648)


Portadas de Juan de Noort (1587-1652).


En: Firrufino, Julio César (m. 1651) /   El perfeto artillero : theorica y pratica / por Julio Cesar Firrufino.... -- En Madrid : por el Licenciado Iuan Martin de Barrio, 1642 (1648)


Portada arquitectónica. 

Gravado de Pedro Perret 

(c. 1555-1625?)

En:  Leonardo de Argensola, Bartolomé (1562-1631)  / Conquista de las islas Malucas al Rey Felipe III... (1609)

Detalle e gravado do Arco dos pintores.

Gravado de Juan de Schorquens (1595-ca. 1630)

En: Lavanha Joao, Baptista / Viagem da Catholica Real Magestade del Rey D. Filipe II. N.S. ao reyno de Portugal ... / por Ioâo Baptista Lauanha .... -- Madrid : por Thomas Iunti ..., 1622 (1621)



Peza de artillería.

Gravado de  Juan de Noort (1587-1652)


En: Firrufino, Julio César (m. 1651) /   El perfeto artillero : theorica y pratica / por Julio Cesar Firrufino.... -- En Madrid : por el Licenciado Iuan Martin de Barrio, 1642 (1648)


Principales gravadores do XVIII

Alegorías do gravado en oco, da pintura e da escultura.

Gravados de Juan Bernabé Palomino (1692-1777). Director de gravado en doce da Real Academia de Belas Artes de San Fernando


En:  Distribución de los premios concedidos por el Rey N. S. a los discípulos de las tres Nobles Artes, hecha por la Real Academia de S. Fernando en la junta general de 25 de enero de 1756. En Madrid : en la oficina de D. Gabriel Ramírez, 1756

Retrato de Cervantes

Gravado de Manuel Salvador Carmona (1734-1820)

Debuxo de Joseph del Castillo

D. Quixote lendo libros de cabalería.

Gravado de Manuel Salvador Carmona (1734-1820) e Debuxo de Joseph del Castillo

Mapa dunha porción do Reyno de España que comprehende as parages por onde andivo D. Quixote

Gravado de Tomás López (1730-1802). Xeográfo real e un dos cartógrafos máis célebres.

En: El ingenioso hidalgo Don Quixote de la Mancha / compuesto por Miguel de Cervántes Saavedra. Nueva edición corregida por la Real Academia Española. Parte primera, tomo I. En Madrid : por Don Joaquin Ibarra impresor..., 1780 

Alegoría á arquitectura, escultura e pintura con referencia a Diego de Velázquez retratando a Felipe IV


Gravado de José Antonio Ximeno y Carrera


En: República literaria / de Don Diego Saavedra Fajardo. Madrid: en la imprenta de Benito Cano, 1788 




Do que pasou na tenda do café

Gravado de  José Patiño (fl. 1753-1781)


En. Wanton, Enrico (1708-1784)/ Viages...a la tierra incógnita australes y al país de las monas. Madrid : se hallará toda la obra en casa de Don Bernardo Alberá..., 1781 

Folla de grado que anuncia unha disertación académica, inserta no incunable. 

Gravado de Jacobo de la Piedra. Gravador compostelano.

En: Tomás de Aquino / Opuscula Sancti Thome .. Venetiis,  1498


Siamesas

Gravado de Marie-Anne Rousselet


En: Histoire naturelle, générale et particulière, servant de suite à l'histoire naturelle de l'homme / par M. le Comte de Buffon. Supplément. Tome Huitième. -- A Paris : de l'imprimerie Royale, 1778 

Fabrique du chocolat

Gravado de Robert Bénard (1734-17??)

En: L'art du distillateur liquoriste / par M. Demachy .... -- [Paris] : [s.n.], 1775 


Gravado de Francis Hayman


En: Cervantes y Saavedra, Miguel de / Quijote inglés 2v. London: printed for A. Millar ..., 1755

Cartografía

A Biblioteca custodia mapas soltos e insertos en libros, comprendidos entre os séculos XVII ao XIX, como un pergameo de América ( c. a. século  XVII) , mapas da importante escola  cartográfica de  Flandes dos séculos  XVII- XVIII, como a versión de  Mercator de  Ptolomeo, e os mapas de  Britannia editados por  Willem  Janszoon  Blaeu (1571-1638). 



Mapa mundi. Versión de Mercator da  Geographia de Ptolomeo

En:  Claudii Ptolemaei Alexandrini geographiae libri octo graeco-latini / latine primum recogniti et emendati, cum tabulis geographicis ad mentem auctoris restitutis per Gerardum Mercatorem : Iam vero ad graeca et latina exemplaria   Petro Montano iterum recogniti et pluribus locis castigati .... -- Francofurti : Iodocus Hondius excudit sibi et Cornelio Nicolai, 1605


Mapa Magna Britannia

En: Camden, William (1551-1623) / Guili. Camdeni viri clarissimi Britannia, sive florentiss. regnorum Angliae, Scotiae, Hiberniae, insularumq. adiacentium ex intima antiquitate descriptio / in epitomen contracta a Regnero Vitellio Zirizaeo & tabulis chorographici illustrata. -- Amsterdam: apud Guilielmum Blaeu, 1639. 

Pergameo de América do Sur (ca. século XVII)


Recoñecemento dos estreitos de Magalläns e S. Vicente.


Debuxo de Pedro Teixeira.

Gravado de Juan de Courbes (1592-c. 1641)


En: García de Nodal, Bartolomé (ca. 1574-1622) / Relacion del viaje...hermanos, naturales de Pontevedra, al descubrimiento del estrecho ...Madrid : por Fernando Correa de Montenegro, 1621

Mapa manuscrito da costa de Veracruz á Tampico, cun plano da costa por un practico do pais. 


En: Coleccion de papeles varios sobre asuntos de Nueva España [manuscrito] / recogidos por el Sr. D. Diego Antonio Cornide en el tiempo que estubo de Asesor General de aquel Virreinato ; encuadernados de orden de su hijo D. Joseph Cornide .... -- 1776



Mapa xeral de España Antiga dividido en tres partes Bética, Lusitania e Tarraconense por Juan López, xeógrafo.

No ángulo superior dereito amplia nota sobre as fontes manexadas por Juan López: "Quando formé este Mapa, tuve presente uno de M.r d'Anville, construido el año 1741 para la historia romana de M.r Rollín. Examinóse también uno de Nicolás Sansón, y otro publicado por Roberto Vaugondy en 1750" 

En: Libro tercero de la geografía de Estrabón, que comprehende un tratado sobre España Antigua / traducido del latín por Don Juan López.... -- Madrid : por la Viuda de Ibarra, Hijos y Compañía, 1787

Mapa Corográfico de Cornide

Mapa  corográfico da antiga Galicia, arranxado ás descricións dos xeógrafos gregos e romanos. Cunha lista da correspondencia dos nomes antigos aos modernos.  Por D. Joseph Cornide, veciño da Coruña. Ano de  MDCCXC