Biografía do fundador

Colección dos escritos de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806)

Creación dunha Escola de ensino primario na súa vila natal, Curtis

D. Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (Santaia de Curtis 1749-Santiago 1806). Cóengo, Catedrático de Retórica e Teoloxía. Encargouse da organización e dirección da biblioteca da Catedral (1779); foi cofundador da Real Sociedade Económica de Amigos do Pais Compostelá - unha das institucións máis prestixiosas da Ilustración en Galicia-, que presidiu desde 1789.

Fundou a Biblioteca Pública no Real Consulado da Coruña, á que dotou con abundantes fondos bibliográficos e boa parte da súa herdanza.  Propiciou a creación dunha academia de debuxo en Compostela e unha escola de primeiro ensino en Curtis. Foi tamén un destacado estudoso e  difusor do Camiño de Santiago. Está enterrado no claustro da Catedral. 

A través da súa obra escrita, deixa constancia do seu interese pola realidade social galega, da que é un gran estudoso, especialmente desde o punto de vista económico.