Investigación y colaboraciones

O principal obxectivo da Biblioteca é o desenvolvemento e a difusión da cultura coa custodia e conservación dos seus valiosos fondos bibliográficos, cartográficos e documentais.


Entre os servizos aos usuarios que presta a Biblioteca

  • Consulta en sala do catálogo

  • Consulta online en


Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español


Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia


  • Servizo de reprodución de documentos, co custo establecido para os mesmos, respectando a norma que regula os dereitos da propiedade intelectual.

  • Atención telefónica ou por mail para consultas de usuarios.

  • Préstamo domicilio (fondo moderno)


Ademais das actividades propias do servizo de biblioteca e á investigación, a nosa institución colabora con outras entidades culturais.


Entre as últimas colaboracións

  • Inclusión na comisión de organización do “Segundo Centenario do Trienio liberal”

  • Conmemoración do X Aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, en colaboración co Instituto de Estudios da Torre de Hércules (IETH), co Centro de Interpretación e Atención ao Visitante da Torre de Hércules (CIAVTH) e o Museo Arqueolóxico e Histórico, coa organización dunha mesa redonda “1989-2019: 20 años que o foron todo” na que participan Javier Padín Martínez da Biblioteca; Fernando González Laxe e Carolina Pardo Ciárraga, do IETH; José Mª Bello Diéguez e Eduardo Toba Blanco, arqueólogo e enxeñeiro das últimas excavacións e rehabilitación da Torre; Alfredo Vigo Trasancos catedrático de Historia da Arte da USC e Ana Santorum, do CIAVTH. Realizáronse ademáis visitas guiadas ás entidades organizadoras.


  • Cesión de fondos para importantes exposicións:

    • Museo Marea Porto do Son: “Donos do seu. A xente de mar de Porto do Son 1580-1830”.

    • USC: “ Ovidius vivit”, mitos imaxes e libros. A obra ilustrada de Ovidio nas bibliotecas de Galicia.

    • Fundación Cidade da Cultura: “ Exlibris: dos libros de Galicia”

    • Concello da Coruña: A cidade desde vos tempos de Alfonso IX; A Coruña 1208-2008”

  • Convenio de colaboración coa Universidade de Coruña, para a realización de práctica de alumnos da Facultade de Humanidades e Documentación e do Máster en Museos Arquivos e Bibliotecas.