Visitas guiadas e exposicións
Visitas guiadas segundo xoves de cada mes
Comezando polo edificio neoclásico do Consulado para profundizar no ambiente da Ilustración no que se funda a Biblioteca, adentrámonos nela onde se poderán contemplar obras como o legado de Juana de Vega, que doou os seus libros e mobles á Biblioteca; a primeira edición holandesa ilustrada do Quixote ou un manuscrito de Quevedo, datado o 20 de xullo de 1633 en Villanueva de los Infantes, que se consideraba perdido desde o século XVII ata que apareceu na Biblioteca en 1991.
Se estás interesado nunha das nosas visitas guiadas, ponche en contacto connosco, no 981206274 ou por correo electrónico bibliocasaconsulado@gmail.com
Visitas e exposicións anteriores
Obradoiro de planisferios na Biblioteca
BCC, 30 de diciembre de 2022
Da man da Agrupación Astronómica Coruñesa IO montamos un planisferio celeste e aprendimos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achegouno a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Exposición de fondos de astronomía da BCC
BCC, 7 de octubre de 2021
Con motivo da celebración do XXIV Congreso Estatal de Astronomía, a Fundación colabora coa Agrupación Astronómica coruñesa Ío, na realización de visitas guiadas programadas cos fondos máis destacados de astronomía que custodia a Biblioteca, desde a edición do século XVI da obra medieval escrita por Johaness de Sacrobosco cara 1.230 -que introduce os elementos básicos da astronomía-; ou a edición de 1605 da Xeografía de Ptolomeo con mapas versión de Mercator -considerada a de maior calidade e finura no gravado de todas as Geographias, ata obras de astrónomos franceses do XVIII - Lalande, Lacaille-; obras de expedicións científicas do XVIII -ao Perú e ao Cabo de Boa Esperanza- e tratados de navegación nas que se aplican os descubrimentos destas. Para acabar con obras de grandes divulgadores da astronomía do XIX e do XX- Flammarion e Ramón Mª Aller (considerado o iniciador da investigación astronómica en Galicia)-
Exposición: "Xosé Cornide visto dende a súa biblioteca"
Achegámonos á figura de Xosé Andrés Cornide de Folgueira Saavedra, un dos máis destacados ilustrados en Galicia. A Biblioteca de Cásaa Consulado custodia gran parte da súa propia. Presentámosche a exposición monográfica realizada na Biblioteca.
Exposición de Cervantes
Aproximámonos á España de Cervantes, con feitos históricos relevantes como a anexión de Portugal ou a expulsión dos moriscos. Ao coñecemento da medicina que tiña o noso autor e a relación cos literatos contemporáneos.
Percorremos a súa figura a través dalgúns datos biográficos máis coñecidos como o Cervantes soldado que resultou ferido na Batalla de Lepanto e outros menos populares como a súa reiterada intención de ir ás Indias, ou a temperá difusión do Quixote en América.
Vemos o dominio que tiña Cervantes dos clásicos grecolatinos, unha selección dos libros que se salvaron da fogueira da biblioteca de D. Quixote. e unha mostra das súas obras en distintas edicións.
Todo iso a través dos fondos custodiados na Biblioteca de Cásaa Consulado. A exposición estivo aberta na sede da bilioteca do 14 de decembro de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017.
Colaboracións con outras exposicións.
Cesión de fondos para importantes exposicións:
Fundación Cidade da Cultura e Afundación: A Coruña no tempo
Fundación Juana de Vega: "150 aniversario Juana de Vega (1805-1872) ". Cesión de fotografías do Legado de Juana de Vega á Biblioteca.
Museo Marea Porto do Son: “ Donos do seu. A xente de mar de Porto do Son 1580-1830”.
USC: “ Ovidius vivit”, mitos imaxes e libros. A obra ilustrada de Ovidio nas bibliotecas de Galicia.
USC: "La biblioteca digital ovidiana" web que recopila, estudia e dixitaliza as edicións ilustradas das obras de Ovidio, impresas entre os séculos XV aol XIX, que se atopan nas bibliotecas españolas públicas e privadas. Entre estas a Biblioteca de la Casa Consulado e os seus exemplares ilustrados de Ovidio.
Fundación Cidade da Cultura: “ Exlibris: dous libros de Galicia”
Concello da Coruña: A cidade desde os tempos de Alfonso IX; A Coruña 1208-2008”